Sexualidade e exilio en Oriente: representacións nas obras de Venceslau de Morais e Ruy Cinatti

DOUTORANDO André Da Silva Bernardo
TITULO Sexualidade e exilio en Oriente: representacións nas obras de Venceslau de Morais e Ruy Cinatti
DIRECTORXS

Xosé Bieito Arias Freixedo e Sara Manuela Ribeiro Augusto

LIÑA DE INVESTIGACIÓN GAELT
RESUMO

Este proxecto de doutoramento trata de investigar o papel das emocións e a expresión do erotismo e a sexualidade subxacentes ao espazo limiar das culturas entre Occidente (visión portuguesa) e Extremo Oriente nas obras de Venceslau de Morais (visións chinesa e xaponesa) e Ruy Cinatti. (visión timorense). O noso obxectivo será presentar unha síntese de ideas desde a sexualidade e o erotismo nos textos literarios obxecto de análise, a través da división por ideas fundamentais que permitan unha perspectiva coherente. Nunha primeira perspectiva cultural, política, ideolóxica ou relixiosa, e nunha segunda de expresión sexual relacionando as cuestións de xénero, o papel de homes e mulleres e as distintas representacións eróticas, establecendo unha relación no espazo literario que está precisamente no limiar de estes dous espazos xeo-culturais: Occidente e Extremo Oriente (Portugal – China, Timor ou Xapón), e evidenciados nas experiencias extremas de exilio e / ou expatriación que foron o caso dos dous autores.

 

ENTRADA NO PROGRAMA
PALABRAS CLAVE sexualidade, erotismo, exilio, orientalismo, xénero

 

Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling

DOUTORA Luisa Cazorla Torrado TITULO Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling DIRECTORA Belén Martín Lucas LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario DATA DE DEFENSA   Ano: 2020 URL: INVESTIGO PALABRAS CLAVE afroamericana; feminismo; quilts; arte;...