A poética do cotián na literatura galega e portuguesa contemporánea

DOUTORANDA Antía Monteagudo Alonso
TITULO A poética do cotián na literatura galega e portuguesa contemporánea
DIRECTOR

 

Burghard Baltrusch

LIÑA DE INVESTIGACIÓN GAELT
RESUMO Este proxecto estuda diferentes manifestacións onde as experiencias da nosa vida diaria e as manifestacións poéticas se mesturan. O traballo divídese en dúas partes: durante a primeira, reflexionarase sobre o concepto de poesía do cotián e sobre de que forma o cambio de contexto sociopolítico influíu sobre esta nova concepción literaria. Na segunda parte, estudarase unha selección representativa de diferentes manifestacións literarias, así como os seus autores/as principais. Neste segundo bloque, xunto á análise das principais liñas temáticas, realizarase o estudo de caso de obras de varios autores e autoras que ilustran estes motivos. Para crear un corpus de traballo, seleccionaranse artistas que, desde a chegada da democracia ao mundo portugués e galego, desenvolvesen unha produción que inclúa as súas actividades diarias como forma de obter unha experiencia estética. Entre as persoas susceptibles de análises específicas -e que aínda non foron estudadas dunha forma sistemática desde a perspectiva dunha estética do cotiá- estarían os seguintes: Ana Luísa Amaral, Lupe Gómez, Ana Hatherly, Adília Lopes, Alberto Pimenta e Antón Reixa.
PALABRAS CLAVE cotián, poética contemporánea, poesía galega e poesía portuguesa

 

Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling

DOUTORA Luisa Cazorla Torrado TITULO Black Stitches: African American Women’s Quilting and Story Telling DIRECTORA Belén Martín Lucas LIÑA DE INVESTIGACIÓN Feminario DATA DE DEFENSA   Ano: 2020 URL: INVESTIGO PALABRAS CLAVE afroamericana; feminismo; quilts; arte;...