BiFeGa
GRUPO DE INVESTIGACIÓN DE ESTUDOS LITERARIOS E CULTURAIS, TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN
NOVIDADES
«De mar a mar. Por que internacionalizar a literatura galega, para que e como facelo?» Conferencia de Kathleen March no I Coloquio Internacional BiFeGa
Temos o pracer de anunciar a conferencia de Kathleen March (University of Maine) «De mar a mar. Por que internacionalizar a literatura galega, para que e como facelo?» que será a encargada de poñerlle o broche ao I Coloquio Internacional BiFeGa. Kathleen Nora March é...
I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Tradución e Interpretación, 4-6 xullo.
O I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Tradución e Interpretación terá lugar os vindeiros días 4, 5 e 6 de xullo en modalidade semipresencial, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Será retransmitido pola...
SEMINARIO “(ECO)POÉTICA GUERRILLERA? ECOLOGÍA MILITANTE Y POESÍA COMPROMETIDA”, martes 28 de xuño.
Convidámosvos ao seminario "(Eco)poética guerrillera? Ecología militante y poesía comprometida", organizado por POEPOLIT II e Xian Naia Sánchez, do que podedes obter máis información a través da web e as RRSS do proxecto (ligazóns abaixo). O evento terá lugar o día 28...
SOBRE BiFeGa
A estreita cooperación ao longo de máis dunha década en actividades científicas e de divulgación, codirección de teses, publicacións, cursos de mestrado e doutoramento e en diversos proxectos de investigación favoreceu a creación dun grupo altamente competitivo e produtivo, cunha xestión de recursos máis eficaz.
O obxectivo de BiFeGa é a investigación interdisciplinaria a partir de metodoloxías actuais dos Estudos Literarios e Culturais en lingua galega, portuguesa e inglesa; dos Estudos de Tradución, Interpretación e Terminoloxía en inglés, francés, alemán, galego e español; así como dos Estudos Feministas e de Xénero.
Destaca a excelencia e o impacto internacional da nosa produción científica como tamén o elevado número de ámbitos culturais e lingüísticos nos que se publica (alemán, español francés, galego, inglés e portugués), dos proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos liderados e participados, así como dos numerosos convenios con entidades nacionais e internacionais.
Membros de BiFeGa lideran entidades de grande relevancia autonómica e internacional, coas que existen numerosas colaboracións: Association of Programmes in Translation and Interpreting Studies in the UK and Ireland, Fundación Rosalía de Castro en Galicia e a I Cátedra Internacional José Saramago na Universidade de Vigo.”
Feminario
Investigación en Feminismos e ResistenciasGrupo multidisciplinario que se concentra nos feminismos e teorías da diferencia na textualidade, a análise crítica feminista, os estudos de xénero e sexualidade na literatura, as teorías da alteridade (os nacionalismos, a sexualidade, a clase e a raza), a globalización, as teorías e a análise crítica da identidade e a subxectividade, as teorías da(s) diáspora(s), a violencia simbólica e a linguaxe non sexista.
GAELT
Grupo de Análise e Estudo da Literatura e TradutoloxíaGAELT céntrase na realización de proxectos de investigación así como no desenvolvemento de seminarios e congresos ou na elaboración de monográficos dedicados a temas ou figuras relacionados coa literatura e súa teorización e coa tradución e a súa teorización, con especial atención aos estudos galegos e lusófonos.
BiTraGa
Biblioteca de Tradución GalegaO grupo de investigación BITRAGA da Universidade de Vigo ten como obxectivo xeral, desde a súa creación en 2004, compilar as traducións desde e cara ao galego no Catálogo da Tradución Galega.
Linkterpreting
Plataforma de recursos para a interpretación de enlaceLinkterpreting é unha plataforma de recursos para a interpretación de enlace destinada a intérpretes en formación ou en activo, a persoal docente formador de intérpretes e a calquera persoa interesada.
Terminoloxía e Terminografía
Os traballos da liña Terminoloxia e Terminografía están orientados á elaboración de produtos terminográficos e a súa avaliación, á reflexión sobre o comportamento, as características e o tratamento terminolóxico do termo en contexto de mediación lingüística (Tradución e Interpretación).e, por último, á descrición da variación terminolóxica, a neoloxía e a lexicalización.
CJS
I Cátedra Internacional José SaramagoA I Cátedra Internacional José Saramago é un espazo de reflexión e diálogo que ten o obxectivo de promover a cooperación científica, literaria, lingüística, educativa e cultural en torno á figura do Premio Nobel de Literatura 1998 José Saramago a través da investigación, docencia e divulgación social da súa obra humanística.
CONTACTO
Se queres poñerte en contacto co equipo de BiFeGa, contacta nos no correo bifega@uvigo.es e porémonos en contacto contigo o antes posible.